PRIMEIRO PREMIO Xiana Costa González (5º EP) CEIP Carlos Casares de Vilariño Diversión Penso en bailar, cantar, xogar... venme música á cabeza. Quero rir, correr, saltar... sentirme libre coma o vento. | PRIMEIRO PREMIO Luna Pérez Castro. (1º ESO) CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios, Panxón A túa alma O ceo está escuro e silandeiro. Rúas baleiras. Non queda ninguén. Nin un rastro, nin un alento. Só queda a túa alma, nesas rúas desertas.
| PRIMEIRO PREMIO María Baqueiro Leyenda (2º Bacharelato) IES Primeiro de Marzo África convértese África convértese en anel para as mulleres que bailan; en xoguete para os nenos que rin; en alimento para os que sofren; en futuro para o que soña; en estupor para o que visita. Lugar de caos e de perfecta harmonía. Remuíño e quietude fusionados.
|
SEGUNDO PREMIO Mateo Porto Covelo (6º EP) CEIP Carlos Casares de Vilariño Follas de Mil Cores Gústanme as follas, de mil cores ou máis. Gústame o outono, só iso e nada máis. Só iso e nada máis, saio para o meu xardín, miro o ceo de outono e os paxaros cantan para min. | SEGUNDO PREMIO Brezo Verea Nieto (1º ESO) IES Terra de Turonio Eu prefiro ser a nena que corre por estas lombas que monta no seu cabalo que chora se a provocan. Eu non quero ser princesa quero ser unha amazona quero xogar coas amigas (amigos, amigues) quero voar coas gaivotas.
| SEGUNDO PREMIO Marta Fernández Lestayo (2º Bacharelato) IES Primeiro de Marzo Mágoa Unha vez chorei chorei tanto, que as miñas bágoas saíron do meu corpo ata chegar ao teu. Unha vez chorei, por ti. Mais ti xa non estabas e agora xa non estou eu.
|
MENCIÓNS DO XURADO Pola súa calidade, recoméndase a publicación dos seguintes poemas: Antía Gómez Cameselle(6º EP) CEIP Chano Piñeiro Non fixen o poema É a hora do almorzo Acórdome de que teño que facer un poema. Chega a hora do xantar. Aínda non fixen o poema Teño que facer un poema E xa é a hora da cea. Levántome o luns pola mañá, acórdome de que teño que facer un poema. Yaiza Diéguez Chamorro (6º EP) CEIP Chano Piñeiro O significado da música Non sei o significado da música. O único que sei é que se toco o piano póñenseme os pelos de punta. Cando estudo a canción todo me sae moito mellor, alégraseme o día amplíaseme o corazón. Xiana Costa González (5º EP) CEIP Carlos Casares de Vilariño A primavera Xa chegou a primavera, Con cheiro no ar. Cantan os paxaros, Teño ganas de bailar. Xa chegou a primavera, Corre a auga pola fonte e mais a natureza polo monte. Cantan os peixes na lagoa. Laura Burgo Rosendo (6º EP) CEIP Carlos Casares de Vilariño Pesadelos Non podo durmir. Hai algo que me tortura. Ten unha mensaxe para min, mais non a logro descubrir. | MENCIÓNS DO XURADO Pola súa calidade, recoméndase a publicación dos seguintes poemas: Elena Taboada Fernández (1º ESO) IES Escolas Proval Mentres o sol Mentres o sol vai durmir eu penso en soños negros, negros como as feridas das mulleres atrapadas. Adriana Grandal Alonso (1º ESO) IES Escolas Proval A chuvia Ese silencio tanta tranquilidade incomprendida. Inés Román Martínez (1º ESO) CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios, Panxón Ós que non están Busco a túa sombra nos días de sol. Por favor, volve, grito polas noites con dor. Dende que te fuches son alguén sen cor, porque ti me pintabas, pintabas o meu corazón.
Mateo Lamas Muradás (1º ESO) CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios, Panxón Galega Bule, corre, choia; non ten acougo, nin dentro nin fóra. Non descansa nin unha hora. Na casa, no choio; no campo, cos fillos. Nunca deixa de traballar. Alejandra Carreira Mouriño (1º ESO) CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios, Panxón Plenitude Ríos, lagos e mares vou asucando co meu barco. Sigo o meu camiño contemplando as estrelas. Sen saber a onde vou encontro o meu soño. O mar dáme a vida que antes non tiña. Tania Pereira Montoya (3º ESO) IES Escolas Proval Aturuxo Aturuxamos con forza para que escoite a xente que queremos igualdade para homes e mulleres. | MENCIÓNS DO XURADO Pola súa calidade, recoméndase a publicación dos seguintes poemas: María Baqueiro Leyenda (2º Bacharelato) IES Primeiro de Marzo Engaiolada Engaiolada en eternas soidades, baixo a tenue brisa da sabana do críptico continente africano. Sempre asoballa algo novo de África, entre o lóstrego e o trono, lugar no que todo cambia rapidamente como a materia que nos rodea, mais mantense nunha perpetuación inalterábel. En África En África cada home pertence a unha tribo, cada un observa a súa propia sombra transparente axexando aos seus perpetuos rivais, sempre alerta, eterna vixilancia. A natureza abafadora que os rodea danza acorde coa usanza dos autóctonos; convive, pura, casta, inexplorada, inalterable, impenetrable. Víctor Abelleira Silva (2º Bacharelato) IES Primeiro de Marzo Non sei Non sei se son consciente, de como está actualmente a miña mente. Tampouco creo selo de como moitas veces mente, e se mostra opaca, como contraria a transparente. E ás veces crea unha pegada permanente, que quizais non se borre nin con quita esmalte, unllas ou dentes. Dóenme Dóenme. Todos e cada un dos factores, palabras, sentimentos, accións e pensamentos. Cada un dos puntos e comas, e as frases que nunca cheguei a entender. Presinto que os pequenos detalles e demais non volverán aparecer, endexamais. |